top of page
Activdade da ANPA

A xestión das actividades extraescolares, apoio para a conciliación, sempre foi e será un dos principais obxectivos da ANPA. Por iso queremos  ofertar novas actividades e ampliar espazos e horarios. 

Unha das nosas prioridades é achegarvos toda a información para que esteades ao tanto de todo o que sucede no noso cole.

O Consello escolar é o principal órgano colexiado de goberno do centro. Dos catro pais que nos representan, un é elixido pola Anpa. A través del trasladaremos as vosas inquedanzas e propostas e manterémosvos informados dos asuntos que se traten nas reunións.

Nesta nova etapa queremos ir un paso máis alá e, dende a Xunta Directiva, comprometémonos a que recibades información actualizada sobre temas de interese educativo como bolsas, xornadas formativas, cursos e actividades, tanto as organizadas polo centro como calquera outra que poidas ser de interese.

bottom of page