top of page
A nosa ANPA

A nosa ANPA foi creada no  ano 2007 e está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións co  número 2007/010953.

É unha asociación sen ánimo de lucro na que moitos pais e nais colaboran de xeito desinteresado para levar a cabo os obxectivos para os que foi creada:

  • Asistir as nais, pais e titores en todo aquilo que corresponde á educación das crianzas.

  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.

  • Promover a participación das familias na xestión do Centro.

  • Facilitar a representación das familias no Consello Escolar do Centro.

  • Estimular a participación das familias na programación xeral do ensino a través do órgano colexiado correspondente.

  • Fomentar as relacións de cooperación entre o centro, os distintos estamentos escolares e os sectores sociais e culturais da contorna.

  • Defender e protexer o principo de gratuidade no ámbito do Centro así como a efectiva igualdade dos dereitos de todo o alumnado, sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou de sexo. 

  • Esixir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación e servizos de conciliación, solicitando a atención e as axudas que estes merecen. 

  • Impulsar actividades formativas, culturais e de estudo, así como todo tipo de accións que busquen mellorar a inclusión social e a igualdade real.

  • Promover o bo entendemento e a colaboración das familias co profesorado. 

Se queres coñecer un pouco máis, podes consultar os nosos Estatutos

bottom of page