top of page
Buscar

Actividades extraescolares 2023-2024

  • Foto del escritor: ANPA Agro do Muiño
    ANPA Agro do Muiño
  • 12 ago 2023
  • 1 Min. de lectura

Toda a información sobre as actividades ofertadas, horarios, prezos e número mínimo de participantes está dispoñible na páxina web da ANPA no apartado Extraescolares. A inscrición farase exclusivamente a través do formulario dispoñible na web.


Co obxecto de seguir reducindo trámites repetitivos no último apartado deste formulario podedes autorizar o cargo das actividades extraescolares na mesma conta na que teñades domiciliada a renovación automática da ANPA. No caso de que precisedes que sexa otra a conta de carga facédenos chegar cuberto o seguinte formulario ao correo da anpa anpaagrodomuino@gmail.com.

Co primeiro recibo pasarase tamén o seguro obrigatorio excepto para aqueles alumnos que soamente acudan a taekwondo e estean federados.

O prazo de inscrición é do 1 ao 22 de setembro .

Na semana do 22 ao 30 de setembro recibiredes confirmación no voso correo do inicio ou non da actividade.

No caso de que a demanada sexa superior ao número de prazas, procederase a un sorteo público destas. Establecerase, co mesmo criterio, unha lista de suplentes que terá dereito ao uso do servizo coa orde establecida no caso de producirse algunha renuncia.

Unha vez confirmada a actividade debedes facernos chegar o modelo de autorización de recollida. Lembrade que este modelo é independiente de calquera autorización que teñades cuberto para os servizos complementarios (Comedor e Tardes Divertidas) ou para o propio centro.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page