top of page
Buscar

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023-2024

  • Foto del escritor: ANPA Agro do Muiño
    ANPA Agro do Muiño
  • 27 sept 2023
  • 1 Min. de lectura

Prezadas famlias:


Onte, 26 de setembro, celebrouse sorteo público para a adxudicación das prazas de ROBOTICA 2 no que había máis inscritos que prazas. O resultado do dito sorteo é o que sigue no documento que achegamos, os 14 primeiros número obteñen prazas, pasando os 3 restantes a formar parte das lista de agarda.


No caso de Costura e Xornalismo, non foi posible acadar o número mínimo de inscritos polo que non se levarán a cabo.


O resto das actividades darán comezo a semana do 2 de outubro e queremos recordarvos algunha INFORMACIÓN IMPORTANTE ao respecto.

  • No caso de non ter recibido correo de confirmación dalgunha actividade poñédevos en contacto coa ANPA a través do correo electrónico o do teléfono que podedes atopar na páxina principal.

  • É IMPRESCINDIBLE cubrir a autorización da ANPA cando a recollida a faga alguén distinto a quen figure no formulario de inscrición. OLLO! Modelo de ANPA (non o do comedor nin o do centro)

  • As empresas das actividades e os monitores de comedor terán acceso aos datos dos nenos facilitados no momento da inscrición por motivos organizativos.

  • O cobro das actividades levarase a cabo entre o día 10 e 15 de cada mes.

 
 
 

Comments


bottom of page