SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE AMES PARA AS ACTIVIDADES DAS ANPAS NO ANO 2024
- ANPA Agro do Muiño
- 19 ene
- 1 Min. de lectura
O Concello de Ames ven de resolver a convocatoria de axudas para ANPAS para o ano 2024 e a nosa asociación foille concedida unha subvención por un importe de 3.086,89 €.
Esta subvención que foi esencial para apoiar diversas actividades que organizamos ao longo do ano, axudounos a financiar parcialmente as actividades que detallamos a continuación:
Servizo de mudas, destinado a atender aos alumnos de infantil que aínda non teñen control total de esfínteres, garantindo o seu benestar e comodidade.
Taller de máscaras de Entroido, que fomentou a creatividade dos nosos pequenos.
Celebración do fin de curso, cunha doce sorpresa de xeados para os participantes.
Actividades do Samaín, incluíndo un taller temático, un monitors o noso fotomatón e a animación da mesma.
Taller de comedeiros para paxaros, promovendo a sensibilización ambiental.
Festa de Nadal, onde os asistentes desfrutaron dunha degustación de churros.
Estas iniciativas non serían posibles sen o apoio recibido a través desta subvención. É un recordatorio da importancia das achegas públicas para asociacións como a nosa, que traballan por ofrecer actividades enriquecedoras para toda a comunidade polo que queremos agradecer ao Concello de Ames a súa aportación na actividade das ANPAS.

Comments